-
-
-
NOME: CONCURSO DE IDEAS DO “EDIFICIO DAS ARTES” PARA A UNIVERSIDADE DE VIGO
EMPLAZAMENTO: PARCELA DELIMITADA POLA CARRETERA LOCAL PONTEVEDRA-CAMPOLONGO E O RIO LEREZ, ONDE SE UBICABA ANTERIORMENTE O “COMPLEXO INDUSTRIAL TAFISA”
DATA: SETEMBRO 2005
CLIENTE/PROMOTOR: UNIVERSIDADE DE VIGO
ARQUITECTOS: JON MONTERO MADARIAGA, LAGULA ARQUITECTOS S.L.
SUP.CONSTRUIDA: 20.000 m2 (sup. parcela), 26.000 m2 (sup. construida)
O outro día indo en tren cara Vigo, vin unha roca xunto a aquela torre de vivendas que hai saíndo de Pontevedra, xunto á illa do parque das esculturas. Era un anaco de granito que parecía flotar, aquela gran mesa de pedra tiña uns buratos polos que caia o auga, chovía. Non sei se o imaxinei.
Esta proposta parte de considerar o campus como un elemento complexo ligado e conectado polo parque das esculturas. As novas facultades, o Edificio das Artes, estenderán o parque o outro lado do río, erixíndoo como centro do campus ampliado a universidade.
O Edificio das Artes se colocará a maneira de pórche de este parque, límite de inicio e fin. De este modo o acceso o edificio será dual, recorrendo o parque, a través das esculturas, se accede desde o resto do campus, ou desde a nova vía proxectada. Este segundo será o acceso oficial, directamente baixo unha torre que acolle o programa e separando o acceso peonil do de vehículos. A unión dos dous accesos realizase dentro do edificio mediante unha sala de exposicións e dependencias de benvida e consellería.
O edificio é un canto de granito elevado sobre unha estructura pautada, unha envolvente de cantería vertebrada por un esqueleto profundamente funcional. No espacio baixo este pórche se da o acceso desde o parque e a saída o exterior desde os talleres. A roca é continua en fachada e cuberta, pero é perforada sistematicamente para iluminar dependencias, interconectar plantas, estender visuais de corredores e organizando as salas en función das súas necesidades lumínicas.
O programa se estructura a partir de estas perforacións unidas por un esquema estructural que alterna franxas de circulación con franxas de instalacións.
E como en toda estructura cristalográfica, ten un centro cos elementos más isótropos e de maior tamaño, ordenando no perímetro as pezas de menor tamaño e maior anisotropía, os cristais máis fragmentados.