-
-
-
NOME DA OBRA: CONCURSO PARA A NOVA LONXA DE RIBEIRA
COLABORADORES: COTECNO. JACOBO GUILLÉN (ingeniero)
EMPLAZAMENTO: Ribeira, A Coruña. Galicia.
DATA: 2010
CLIENTE/PROMOTOR: PORTOS DE GALICIA
CONSTRUCTOR: ______
PRESUPUESTO (P.E.M.): 13.190.250 €
SUP. CONSTRUIDA: 25.850 m2
A lonxa articulase en dous pezas claras.
Por un lado un volume en U que agrupa tódalas salas técnicas e socio-administrativas da lonxa e por outro lado un conxunto de 5 volumes lonxitudinais que conteñen os módulos de exportadores.
Ambas pezas únense nun mesmo conxunto arquitectónico mediante unha mesma linguaxe tectónico de zócalo de formigón, que envolve a totalidade da planta baixa, mentres que en cuberta a unión entre elas realizase mediante cubertas planas de formigón e pavés que cobren os corredores de circulación do edificio, proporcionando a estes luz natural como sistema sostenible.
Estas dúas pezas diferéncianse dunha maneira notable, no solo en canto as súas volumetrías, como apuntábamos, seno tamén mediante o tratamento das súas cubertas que a pesar de usar o mesmo material, o zinc, este aplicase con dous sistemas constructivos diferentes, conseguindo así dúas linguaxes distintas para cada peza, potenciando a lectura do funcionamento do edificio exteriormente.
O primeiro sistema constructivo trata de traba mecanicamente pequenas pezas romboidais de zinc, que simulan un escamado na cuberta do volume en U.
O segundo sistema son bandexas de zinc trabados mecanicamente o soporte, que dan unha continuidade lonxitudinal ás cubertas dos módulos, baixando a fachada na parte posterior de expedición.
A peza en U, "o pez", componse de tres partes continuas tanto na súa cuberta, como na súa organización funcional y espacial interior.
En canto o conxunto dos cinco volumes que conteñen os módulos de exportadores funciona comunicando a cada un de eles á peza en U mediante dous corredores laterais, de 4 metros de ancho, que divídense en corredor de limpo e corredor de sucio, entendendo por corredor de limpo, aquel corredor polo que circula o pescado xa tratado para a súa expedición, e por corredor de sucio aquel polo que circula o pescado sen tratar procedente da exposición. Cada un dos corredores, como apuntábamos anteriormente ten unha cuberta de formigón con laterais de pavés para a entrada de luz.
Cada un dos corredores de sucio procede de un corredor lonxitudinal que os une ca exposición. Mentres que os corredores de limpo desembocan nun corredor de expedición, xerándose así un esquema de funcionamento en "espina de pez".
Contemplando que parte dos exportadores son minoristas que no posúen o seu propio módulo para o tratamento do pescado, se habilita unha zona de expedición na que contan con tódolos servicios para realizar o tratamento do pescado para a súa expedición. Esta zona reflexase no edificio alargando unha das pezas lonxitudinais.
A cubertas destes volumes lonxitudinais se desenrolan en dentes de serra de zinc, que permite a entrada de luz natural ós módulos como sistema sostenible. Esta luz natural é homoxénea e sen incidencia solar, xa que tratase dunha orientación norte, polo que evitase o quecemento do local, o que consigue axudar á climatización dos espacios fríos de planta baixa.
O skyline ou silueta do edificio permite unha integración do mesmo no entorno, xa que se o observamos, este articulase como un conxunto de cubertas inclinadas de diversas formas e alturas, xerando un dinamismo que continúa no edificio.