-
-
-
NOME DA OBRA: CONCURSO PARA A NOVA SEDE XUDICIAL EN HUÉRCAL – OVERA. ALMERÍA
EMPLAZAMENTO: - Huércal – Overa. Almería
DATA: Setembro 2010
CLIENTE/PROMOTOR: JUNTA DE ANDALUCÍA
CONSTRUCTOR: ______
PRESUPOSTO (P.E.M.): 346.500 €
SUP. CONSTRUIDA: 3.190 M2
O edificio integrase no entorno e na parcela adoptando unha volumetría limpa e clara, un edificio que a pesar de volcarse cara o seu interior, para se protexer do clima organizándose entorno a 3 PATIOS, relacionase có exterior mediante unhas caixas abertas, que sobresaíndo do volume principal, quedan en voo sobre o espacio público exterior, convertese así en un hito e punto de referencia no lugar.
Este proxecto ten un forte carácter introvertido có propósito de conseguir espacios nos que a luz estea moi presente, pero de unha maneira controlada. Ademais, esta característica de edificio pechado en si mesmo proporciónalle unha privacidade que consideramos importante e necesaria nesta tipoloxía.
As alcazabas, fortaleza típica do sur de España, son unha edificación que teñen como obxectivo defenderse do exterior, queremos en noso proxecto reinterprete este concepto pechándonos á disparidade arquitectónica do entorno.
Un dos elementos principais desta tipoloxía edificatoria é a sala de vistas, polo tanto concibiuse o proxecto entorno a estes elementos dotándolles dun carácter singular traducíndoos nos 3 PATIOS na planta superior, de maneira que nos proporcionan a posibilidade de introducir luz natural que as articula como espacios máis agradables.
Con estes espacios abertos introducimos o lenguaxe do patio andaluz tradicional. Estes hitos singulares no noso proxecto convértense nos pulmóns do edificio creando uns lugares de vexetación, que proporciona entrada de luz natural, e ventilación.
A introducción da natureza no edificio non se limita unicamente a estes recunchos, senón que creamos unha praza como saída da sala de vodas que conecta o edificio có espacio verde adxacente, esta praza adquire un carácter íntimo o quedar envolta polo edificio.
No interior do edificio os espacios públicos articúlanse como caixas que brotan do edificio sobre a trama urbana. Un destes elementos crece para recibirnos convertese así no acceso principal do edificio.
Para a pel do edificio empregase un ladrillo cerámico cun sistema de fachada trasventilada, no que podemos destacar unha celosía no zócalo do edificio que proporciona luz e ventilación ás estancias situadas no soto.
As características intrínsecas do material o converten no idóneo polas súas grandes prestacións térmicas, que se melloran gracias á cámara de aire propia do sistema constructivo.