-
-
-
NOME DA OBRA: Edificio entre medianeiras de 33 viviendas, 3 locais comerciais e 39 prazas de aparcamento.
EMPLAZAMENTO: Carrer Nàpols 230-232 (Barcelona)
DATA: Setembro 2008 (EN FASE DE EXECUCIÓN)
PROMOTOR: METRO-3, S.A.
ARQUITECTOS: Jon Montero i Madariaga
Gerardo Santos Díez
PRESUPOSTO (P.E.M.): 1.727.413,10 euros
SUP. CONSTRUIDA: 3.833,41 m2
O proxecto desenvolvese en planta baixa e faiado, ca previsión de tres locais sen uso específico (a determinar na licencia de actividades) y tres vivendas dúplex con acceso directo o patio interior da mazá, cinco plantas con seis vivendas por planta e dúas plantas sotos para aparcamento.
A fachada á rua Nàpols, peza importante deste edificio xa que está situada moi cerca da Sagrada Familia e por tanto, forma parte do conxunto arquitectónico do Ensanche de Barcelona, intenta facer unha interpretación moderna das condicións intrínsecas da "tipoloxía ensanche", proxectando o dictado da detallada normativa que rexe nesta zona.
Esta fachada cumpre unha serie de requisitos normativos como é o seu tratamento chairo e simétrico, reforzado pola presencia duns paneis verticais que provocan un xogo de "código de barras" con os ocos da carpintería, todo reafirmando a desexada verticalidade compositiva.
A planeidad da fachada, neste caso e o fío do que permite a ordenanza, xustificase desde o desdobramento do propio plano de referencia da mazá cun outro plano situado a 45 cm. O tratamento diferencial dos dous planos (pedra natural para o plano de referencia e paneis de aluminio e cristal para o plano voado) reforza este concepto de dobre planeidad.
Estes paneis metálicos dispoñen dun sistema de apertura horizontal tipo "libro" e se lle practican uns buratos cunha serie de debuxos deseñados o fin e efecto de conseguir, mediante a presencia solar un tipo de transparencias de alto valor figurativo.
O aplacado exterior está previsto con materiais nobres, como a pedra de cuarcita gris clara, a fin e efecto de resaltar a súa imaxe como plano de referencia e de contacto cas tipoloxías veciñas.