Provença

PROV_f01
PROV_f02
PROV_f03
PROV_f04
PROV_f05
bwd 1/5 fwd

 

PROV_p01
PROV_p02
PROV_p01
PROV_p02
bwd 1/2 fwd

 

NOME DA OBRA: EDIFICIO ENTRE MEDIANEIRAS DE 20 VIVENDAS, UN LOCAL E 37 PRAZAS DE APARCAMENTO

EMPLAZAMENTO: CARRER PROVENÇA, NÚM. 196, BARCELONA

DATA: OCTUBRO 2005 (final de obra)

PROMOTOR/CONSTRUCTOR: METRO-3, S.A.

OUTROS COLABORADORS: Jordi Pujol i Liñán (arquitecto), Carles Sueiras, Celestí Ventura (arqte. Tecnico), Oriol Admetlla (xefe de obra)

PRESUPOSTO (P.E.M.): 1.031.107,17 euros

SUP. CONSTRUIDA: 3.447,05m2

O edificio consta de tres plantas sotos de aparcadoiro, planta baixa (subdividida en planta baixa e entreplanta) e cinco plantas cun ancho de fachada de 12 metros que corresponde ca maioría dos solares do Ensanche barcelonés.

Na fachada á rúa Provença, a planta baixa subdivi¬dida acolle un local comercial e os accesos ó vestíbulo e aparcadoiro, mentres que a fachada de planta baixa ó patio interior da mazá está ocupada por dúas vivendas "dúplex" con xardín.

A diferente solución tipolóxica da quinta planta for¬malizase nunha composición diferente do resto da facha¬da, rompendo a simetría ca aparición dun corpo aberto voado que intenta recuperar o valor expresivo dos antigos entresolos ou plantas nobres dos edificios que, na actualidade e gracias á aparición de moder¬nos sistemas de transporte vertical, hanse trasladado ás plantas superiores do edificio en función dunhas mellores condicións ambientais e de incidencia solar.

A solución proposta para a fachada á rúa Provenza, peza importante por formar parte do conxunto monumen¬tal do ensanche de Barcelona, pretende interpretar, medi¬ante a utilización dunha linguaxe mais propio da arqui¬tectura contemporánea, as pautas características deste importante conxunto arquitectónico e urbano, propoñendo un tratamento plano e simétrico da fachada ca aparición de diferentes elementos verticais de vidro que permiten compatibilizar a planeidade da fachada cunha certa verticalidade, tal como esixe a rigorosa normativa neste sector dea cidade.

A fachada aberta ó patio de mazá dispón de am¬plos balcóns que permiten gozar da óptima orien¬tación, mentres que a colocación duns cerramentos exteriores enrolables para a protección solar permiten recuperar, de forma aleatoria, a característica das gale¬rías propias dos patios interiores do Ensanche.

Un xogo dual de colores (gris e branco) entre o plano de fachada posterior (morteiro monocapa) e o plano for¬mado polos "screens" despregados permiten introducir unha composición dinámica e cambiante que proporciona identidade ó edificio.

 
 

Estudio Barcelona - C/ Balmes 297, 3º2ªB, 08006 Barcelona Tel./ 93 240 20 38 Fax./93 534 00 46 · Estudio Coruña - C/ Tinajas 16, 5º, 15001 La Coruña Tel./ 981 206 105