-
-
NOME: TEXTO REFUNDIDO DA MODIFICACION PUNTUAL DO SECTOR “BON SALVADOR” EN SANT FELIU DE LLOBREGAT (BARCELONA)
EMPLAZAMENTO: DELIMITADO POLA CRTA. BV-2001, LIMITE T.M. SANT JOAN DESPÍ, CALLE LAUREÀ MIRÓ E CALLE CARRERETES
DATA: NOVEMBRO 2007
CLIENTE/PROMOTOR: AYUNTAMIENTO DE SANT FELIU DE LLOBREGAT / YONET S.L.
CONSTRUCTOR:
COLABORADORES: LAIA ESTEBAN CLARET, arqta.
PRESUPOSTO (P.E.M.): 6.342.737,60 €
SUP.CONSTRUIDA: 153.144 m2 (ámbito de la modificación)
Esta área esta atravesada pola Riera Pahissa e nela encóntranse os mencionados antigos establecementos industriais de Bertrand e Serra e de Sola-Sert. Así mesmo se encontran en este ámbito o Colexio do Buen Salvador (Las Francesas), do que a correspondente finca comprende unha boa parte da área que se propón modificar.
En primeiro lugar a formación lineal continua de edificacións con fronte á rúa de Laureà Miró constitúe unha barreira de acceso o área. Unicamente hai dous pasos nunha lonxitude do fronte de máis de 500 m., un de acceso o grupo de vivendas Bertrand e o outro que da acceso ás instalacións Sola-Sert.
En segundo lugar a Riera Pahissa reforza a barreira do fronte edificado no tramo contiguo con esta. O resto d seu recorrido, a súa rasante constitúe tamén un impedimento para o acceso a este sector.
Nos ámbitos de modificación e de remodelación, encóntranse tamén as edificacións das antigas industrias Bertrand e Serra e Sola-Sert. Nestes solares as actividades han estado fraccionadas e alugadas para diversas actividades. Estas actividades han de ser claramente entendidas como unha utilización transitoria dos edificios, pois a configuración destes e o seu envellecemento fan economicamente inviable a súa adecuación dentro do marco da vixente normativa urbanística para actividades industriais estables e indefinidas.
Débese notala presencia dentro do ámbito da modificación, e en concreto dentro da parcela do Colexio Buen Salvador de algunhas áreas de árbores e xardinería de interese das que a ordenación habería de prever a súa conservación.
O obxectivo básico da modificación é dar accesibilidade a esta área fundamentalmente desde a rúa de Laureà Miró e tamén desde a carreteira BV-2001 de maneira que quede superada a súa marxinalidade espacial.