-
-
-
NOME: CONCURSO: ACTUACIÓNS DE MELLORA DA ESTRUCTURA URBANÍSTICA NOS ÁMBITOS DA DARSENA “LA MARINA” E PEIRAO DE TRANSANLANTICOS DE A CORUÑA
EMPLAZAMENTO: ZONA DA DÁRSENA DA MARINA A CORUÑA (GALICIA)
DATA: FEBREIRO 2007
CLIENTE/PROMOTOR: AYUNTAMIENTO DE A CORUÑA
CONSTRUCTOR:
COLABORADORES: NAIARA MONTERO, arquitecta
PRESUPOSTO (P.E.M.): 16.000.125,95 €
SUP.CONSTRUIDA: 112.000 m2
Unha primeira reflexión sobre a problemática urbana da Dársena da Marina e seu entorno na cidade de A Coruña permite situar e analizalas principais deficiencias ou contradiccións urbanas que na actualidade padece este sector tan estratéxico na formación histórica da cidade e a súa vez, tan presente no imaxinario urbano da maioría dos seus habitantes.
É necesaria unha primeira consideración e é que a práctica totalidade dos terreos obxecto deste anteproxecto son terreos gañados o mar e por tanto, han estado ou están suxeitos ás problemáticas físicas, funcionais ou administrativas, propias das diferentes autoridades portuarias responsables e que seguramente esta é a principal causa da disfuncionalidade urbana que podemos observar actualmente.
Certamente, e de forma similar a outras zonas portuarias, en A Coruña o porto a crecido dunha maneira desordenada como unha especie de "anti-cidade" cerrada en si mesma como unha fortaleza, e de algunha maneira, ignorada pola vida cidadán. O crecente aumento do tráfico automovilístico e a súa escasa planificación han contribuído, de boa forma, á forte degradación dos espacios públicos abocados o porto.
Obxectivos da proposta: Transformación da Dársena da Marina nun espacio con caracter de "boulevard" e forte centralidade urbana. Máxima intregación dos espacios portuarios no sistema de espacios públicos da cidade. Soterrar e racionalizar boa parte do tráfico rodado reducindo o espacio viario en superficie. Redimensionar e dignificar o espacio libre inmediato o fronte edificado da Marina. Consideración do "muro" do Parrote como elemento xerador dun novo espacio urbano que, a maneira de relectura, en termos de modernidade, do antigo baluarte defensivo resolva o libramento da dársena co Paseo Marítimo, as instalacións da Solana e a parte alta da Cidade Vella. Creación de "topografías artificiais" que, de forma parecidas ás intervencións do "Land Art", permiten caracterizar e acotar o paisaxe urbano dotando o sector de lugares elevados que faciliten as extraordinarias vistas da Marina e da ría do Burgo.