-
-
-
NOME: PLAN PARCIAL, PROXECTO DE REPARCELACIÓN E PROXECTO DE URBANIZACIÓN SUD 4 SECTOR RESIDENCIAL “RIERA CAPASPRE” E SUD 6 SECTOR INDUSTRIAL EN CALELLA DE MAR
EMPLAZAMENTO: SECTOR SUD-4 RESIDENCIAL “RIERA CAPASPRE” Y SUD-6 SECTOR INDUSTRIAL EN CALELLA DE MAR
DATA: EN FASE DE APROBACIÓN INICIAL 2008
CLIENTE/PROMOTOR: GESTVIA (AYUNTAMIENTO DE CALELLA DE MAR)
CONSTRUCTOR:
COLABORADORES: IDOM, Enginyeria i Sistemes S.A., ESTHER GATELL POCH, Ingeniera de CCP., CAROLINA MIRAPEIX Abogada, MONTERO-GRACIA, Arqtos.
PRESUPOSTO (P.E.M.): 7.992.901,00 € (SUD-4), 14.461.941,15 € (SUD-6)
SUP.CONSTRUIDA: 169.171,42 m2 (SUD-4), 242.811,49 m2 (SUD-6)
Calella nestes últimos anos ha experimentado un destacado crecemento urbano así como importantes cambios na configuración da súa infraestructura urbana creando uns novos escenarios susceptibles dun desenvolvemento urbano adecuado ás futuras necesidades do municipio que han xustificado a tramitación dun novo Plan de Ordenación Urbanística Municipal (POUM).
Este novo Plan propón, entre outros, que o sector do solo urbanizable denominado SUD-4, sector residencial "Riera Capaspre Central" se poida transformar nun solo urbano, mediante a tramitación deste Plan Parcial urbanístico.
Así mesmo que o sector do solo urbanizable denominado SUD-6, sector "Industrial" de actividades económicas e industriais, se poida transformar nun solo urbano mediante a tramitación de este Plan Parcial Urbanístico.
En primeiro lugar cabe destacar como principal obxectivo deste planeamento a vontade de ordenar e desenvolver o sector que, por extensión e localización urbana, constitúe unha das principais zonas de crecemento industrial, terciario e de servicios de calidade, do municipio de Calella, tal e como se definen no novo Plan de Ordenación Urbanística Municipal de Calella. O sector do solo urbanizable denominado SUD-6, sector "Industrial" de actividades económicas e industriais.
A creación dunha nova reserva do solo industrial para situalas novas actividades económicas e industriais, encontrase na liña de potenciar un crecemento equilibrado, que promova a desestacionalización da economía do municipio.
Así mesmo, asociado ó desenvolvemento do sector, xuntamente co sector SUD-4, permitirá a abertura do novo acceso norte da poboación, que enlazará a actual vía de acceso á autopista có novo vial básico previsto no POUM, situado o lado da riera Capaspre.
O obxectivo con respecto á vialidade, é estructurar unha rede viaria que non dependa exclusivamente da actual carreteira N-II. A habilitación deste novo acceso, que saíndo do actual acceso á autopista C-32, permita acceder directamente a área hoteleira a través da riera de Capaspre, que a súa vez se ha de converter nun novo eixo central da cidade.