Concurso Complejo deportivo en Gorliz (1er premio)

AERIA A 01
AERIA B 01
AERIA C 01
CARRER 03-A
PISCINA 03-A
PISTA 03
bwd 1/6 fwd

 

LOGICA-EMPLA
section
LOGICA-EMPLA
section
bwd 1/2 fwd

 

NOME DA OBRA: NOVO CONXUNTO EDIFICATORIO NO COMPLEXO DEPORTIVO DE GORLIZ 

AUTORES: JON MONTERO MADARIAGA E INMANOL MONTERO VIAR ARQUITECTOS / EPTISA ENXEÑERÍA

LOCALIZACIÓN: Gorliz, Bizkaia. País Vasco.

DATA: 2011

CLIENTE/PROMOTOR: CONCELLO DE GORLIZ

CONSTRUCTOR: ______

PRESUPOSTO (P.E.M.): ______

SUP. CONSTRUIDA: 9.689,90 m2

A situación proposta para as novas dotacións deportivas no municipio de Gorliz forma parte da zona deportiva actual de Uresarantze, completando os campos de futbol, pista de tenis e atletismo existentes.

O recinto no que se pretenden situar estas novas instalacións forma parte dunha paisaxe dominada por unha forte topografía que remata por conformar unha depresión protagonizada por plataformas graduadas co obxecto de albergar os usos deportivos. Un marco de vexetación arbórea formada maioritariamente por piñeiros e aciñeiras constitúe o ámbito paisaxista deste conxunto deportivo que ocupa o que, en épocas da nosa infancia, constituían os "arimunes", conxunto de dunas de area de carácter atlántico de grande altura, que protagonizaban boa parte dos nosos xogos e diversións estivais... Na actualidade, os restos destes "arimunes" constitúen un grande espazo destinado ao uso público que, equipado por barbacoas e xogos infantís converteuse na segunda zona verde máis visitada de Bizkaia.

A situación do edificio proposto responde á vontade de manter como referencia, o eixe lonxitudinal existente no recinto deportivo, materializado na actualidade por un percorrido peonil que parte do campo de futbol e que mediante escaleiras vai salvando as diferentes plataformas de suba en dirección norte. Así, o edificio sitúa o seu acceso e centro de gravidade neste eixe norte-sur, e é a partir deste centro que bascula e se distribúe en forma de abano. Este movemento permite dividir o edificio en tres volumes principais, o central que se correspondería co eixe do recinto e que situaría os accesos principais e comunicacións verticais, un segundo volume situado ao leste do primeiro onde se situarían principalmente as piscinas, zonas termais, vestiarios, zona de ximnasio e solario exterior, e un terceiro volume situado ao oeste do primeiro no que se situaría o frontón, vestiarios e as pistas de pádel. O edificio formúlase con dous accesos, o primeiro, situado fronte á rúa Uresarantze, constituiría o novo acceso peonil do conxunto, dada a proximidade do aparcadoiro público existente no vial así como a proximidade, xunto ao restaurante Begoña, dunha parada do transporte público. Este acceso supoñería unha alternativa aos actualmente existentes nas zonas inferiores e intermedias do conxunto, aproveitando así a posibilidade de acceder dende a plataforma superior mediante un percorrido no que a xeometría ondulada da cuberta nos permite enmarcar a paisaxe. O segundo, situado sobre a cota do campo de futbol artificial e que se produce grazas ao movemento en planta en forma de "abano", permite recoller os percorridos peonís interiores do conxunto, así como o necesario acceso dos vehículos de servizo.

Este edificio está pensado para poder construírse en dúas fases, unha primeira na que se podería construír o volume de acceso, comunicacións verticais e administración, así como o situado ao leste deste e que albergaría a piscina, zonas termais, vestiarios e ximnasio e unha segunda fase na que se construiría o edificio situado ao oeste e que albergaría o frontón cos seus vestiarios, e as dúas pistas de pádel. No exterior recolócanse as dúas pistas de tenis, inicialmente sen cubrir, pero coa posibilidade de facelo doadamente nun futuro, dadas as condicións topográficas previstas no proxecto. 

 
 

Estudio Barcelona - C/ Balmes 297, 3º2ªB, 08006 Barcelona Tel./ 93 240 20 38 Fax./93 534 00 46 · Estudio Coruña - C/ Tinajas 16, 5º, 15001 La Coruña Tel./ 981 206 105