-
-
-
NOME: URBANIZACIÓN DO SECTOR “CAL DOCTOR” EN ALELLA (BARCELONA)
EMPLAZAMENTO: LIMITA CO TERREO DE CAL GOBERNADOR, CALLE ANTONI BORRELL, RIERA COMA FOSCA E PINEDA QUATRE TORRES
DATA: MARZO 2004 (actualmente 2ª fase en execución)
CLIENTE/PROMOTOR: AYUNTAMIENTO DE ALELLA / YONET S.L.
CONSTRUCTOR: GILBAR CONSTRUCCIONES S.L.
COLABORADORES: MONTERO-GRACIA, arqtos.
PRESUPOSTO (P.E.M.): 1.806.197,71 €
SUP.CONSTRUIDA: 38.101m2
En primeiro lugar cabe destacar como principal obxectivo deste planeamento a vontade de ordenar unha das zonas que, por extensión e localización urbana constitúen un dos capitais urbanísticos máis importantes, hoxe en día para o desenvolvemento do casco urbano de Alella.
O sector ocupado polo ámbito deste planeamento se ha convertido, co paso do tempo e ca proximidade dos diferentes procesos urbanizadores (Alella Parc, Nova Alella, El Soleil, Mas Coll,....) nun baleiro urbano de dimensións considerables que dificulta, en termos de accesibilidade, estructura urbana e sistemas de espacios públicos, a posibilidade de que o desenvolvemento urbano de Alella se faga de forma adecuada as súas necesidades.
É importante recoñecer este planeamento como unha gran oportunidade para o municipio de mellorala conexión entre os sectores residenciais de relación urbana que mellorarán substancialmente a calidade do entorno que tradicionalmente se ha urbanizado reducindo o espacio público a vial.
Este planeamento quere tamén dar resposta á necesidade de facilitar o acceso á vivenda pública a unha parte da poboación de Alella. Previse, pois, a construcción de vivendas de promoción pública incluíndo a de aluguer para xoves.
Entre todos estes obxectivos hai tamén a promoción privada de vivendas. Se ha de remarcar, que se trata de vivendas plurifamiliares, co correspondente aforro de consumo de solo que caracteriza esta tipoloxía fronte a outras máis extensivas. Posibilitala urbanización deste sector pode restar presión a outras zonas con menos vocación urbanizadora.