-
-
-
NOME: PARQUE URBANO VALDEBEBAS
EMPLAZAMIENTO: Parque de Valdebebas. Madrid
DATA: XULLO 2009
CLIENTE/PROMOTOR: Ayuntamiento de Madrid
Junta de Compensación de Parque de Valdebebas
ARQUITECTOS: JON MONTERO MADARIAGA, ESTHER CATALÁN TERUEL, ELENA DEL POZO FERNÁNDEZ, MONTERO-GRÀCIA ARQUIECTES S.C.P
PRESUPOSTO (P.E.M.):
SUP.CONSTRUIDA: 80 hectáreas
Previamente á elaboración do proxecto, o estado semi-natural do futuro parque fíxonos realizar unha reflexión sobre o tipo de tratamento e ordenación apropiado para unha zona verde que serve de punto focal para un novo desenvolvemento urbano á vez que antesala dun gran Parque Forestal.
É por iso que o proxecto concíbese como un parque-transición entre o espacio público urbano (duro) e o espacio público forestal, intentando concentrala intervención na zona mais próxima á trama urbana e a medida que o parque se distancia desta, realizar unha intervención o mais mínima posible intervindo exclusivamente nos recorridos propios do parque. A idea do proxecto nace da necesidade de resolver as conexións e transicións entre a trama urbana da nova cidade e a trama (morfoloxía) en forma de "folla" do gran Parque Forestal de nova creación, así como da propia topografía do terreo.
Una vez localizados os recorridos principais, estes son entendidos como "raíces" do novo Parque Forestal como unha "folla". Estes recorridos nacen en dúas pasarelas do Parque Forestal, que cruzan o curso da auga (Vía pecuaria) e adoptan formas sinuosas mediante muros de formigón e muros de pedras conseguindo así unha maior adaptación topográfica o territorio e permitindo que en determinados puntos destes recorridos aparezan zonas de estar e franxas de vexetación, e que se creen zonas con carácter de praza alí onde a topografía é mais plana e o permite, identificando miradoiros e hitos para aproveitar as magníficas vistas da serra e conexións visuais destacables.
O perímetro do parque ou zona de transición entre estes recorridos "raíces" e a trama urbana solucionase mediante a creación dunha plataforma-franxa de forma orgánica de aproximadamente 30m de ancho e situada na cota da nova cidade, na que instálanse tódalas necesidades de equipamentos e servicios propios dun parque urbano destas dimensións, xa sexan zonas e equipamentos lúdicos, estancias e deportivos e incluso un escenario para actividades culturais, tanto temporais como permanentes cerca do novo Lago.