Concurso Lonja Pasaia

PSJ_01
PSJ_02
PSJ_03
PSJ_04
PSJ_05
PSJ_06
PSJ_07
PSJ_08
PSJ_09
PSJ_10
PSJ_11
PSJ_12
PSJ_13
PSJ_14
PSJ_15
bwd 01/15 fwd

 

PSJ_00
PSJ_01
PSJ_02
PSJ_03
PSJ_04
PSJ_05
PSJ_06
PSJ_07
PSJ_08
PSJ_09
PSJ_10
bwd 01/11 fwd

 

NOME DA OBRA: CONCURSO PARA A NOVA LONXA DO PORTO DE PASAIA, GUIPUZCUA.

COLABORADORES: COTECNO

EMPLAZAMENTO: Pasaia, Guipuzcua.

DATA: 2010

CLIENTE/PROMOTOR: AUTORIDAD PORTUARIA DE PASAJES

CONSTRUCTOR: ______

PRESUPOSTO (P.E.M.): ______

SUP. CONSTRUIDA: 24.850 M2

Da reflexión efectuada acerca do programa de necesidades, situación urbana, condicións do entorno e situación das “liñas vermellas” que marcaban, por un lado os condicionantes de gálibo e directrices da Autoridade Portuaria e por outro, o presuposto máximo determinado polas bases do concurso así como as recomendacións efectuadas polos servicios técnicos municipais, chegamos ás seguintes conclusións:

01. O edificio debe desenvolvese necesariamente en horizontal, ó largo do cantil sen superar o gálibo.

02. O paseo peonil ligado o recorrido sobre o cantil do porto, debe resolverse no marco do proxecto sen producir interferencias ca actividade pesqueira desenvolvida.

03. Tratámola fachada con fronte á rúa Esnabide, có obxectivo de minimizar o seu impacto (275 metros de desenvolvemento horizontal) debía por tanto de adoptar unha deformación en forma de dobras ou dilatacións, proporcionando cambios de planos e sombras que poden facer mais amable a súa forma de integración urbana.

A formalización ou, si se quere, as deformacións producidas no desenvolvemento lineal da planta, proporcionan lixeireza ó conxunto do edificio sen que por éllo sufra inconveniente algún a distribución funcional en planta que, en calquera caso e tal como xa se ha dito, ten un carácter marcadamente lineal.

A fachada á baia debía, polo contrario, axustarse de forma paralela á traza do cantil có obxecto de priorizalos espacios de desembarco e traballos necesarios para a conducción do pescado o interior da lonxa.

O resultado final destas reflexións e a súa formalización definitiva, acaba por conformar unha imaxe en planta de carácter fusiforme que parece recordar a forma dunha sardiña deitada sobre o peirao, ca cabeza dirixida cara a igrexa de San Pedro e que nos ha proporcionado a idea do lema de concurso: “como pez na auga”.

04. Tendo en conta o feito de que a cuberta será claramente visible desde a zona elevada do municipio e, de forma especial, desde o sector residencial situado sobre o actual zócalo industrial da rúa Esnabide, debíamos tratala cuberta como a “quinta fachada do edificio”.

Este é un dos puntos máis relevantes do proxecto arquitectónico, na medida en que se propón transformala cuberta, de forma parcial, nun recorrido peonil de gran valor paisaxístico e urbano.

05. Unha vez adoptada a solución de manter as instalacións actuais da fábrica de xeo, aparece como obxectivo necesario minimizar o seu impacto  tratando de integrala no espacio urbano.

Este anteproxecto mantén a fábrica de xeo e, para éllo propón eliminar parte das cruxias estructurais innecesarias para o seu proceso industrial, limitando así o volume actual, eliminando a súa vez os actuais cerramentos de obra para substituílos por unha pel formada por placas de “policarbonatos”. 

 
 

Estudio Barcelona - C/ Balmes 297, 3º2ªB, 08006 Barcelona Tel./ 93 240 20 38 Fax./93 534 00 46 · Estudio Coruña - C/ Tinajas 16, 5º, 15001 La Coruña Tel./ 981 206 105